lunes, 21 de septiembre de 2015

ENTORNO PERSOAL DE APRENDIZAXE (P.L.E.)
LOLA CASAIS ATAN


¿QUÉ É UN P.L.E.?....¿PARA QUÉ NOS SERVE?

O P.L.E. enténdese como "o conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que cada persoa utiliza de maneira asidua para aprender". Definición moi acertada e baseada na opinión de Linda Castañeda e Jordi Adell. Na súa definición do "Personal Learning Environment" vai implícita a finalidade do mesmo, é unha ferramenta que nos permite controlar e xestionar o noso propio aprendizaxe.

Cada un de nós constitúe un "ecosistema" co que convivimos a diario apenas sen darnos conta. Cada mañá ou momento puntual  traballamos os tres compoñentes claves que determinan o noso entorno de aprendizaxe:

1.- LEER:  Buscamos información do noso interese consultando tanto documentos escritos (prensa, boletins, escritos, etc.) como outras ferramentas virtuais (blogs, RSS, redes sociais, etc.) que nos permiten recompilar información e datos sobre os temas dos que queremos aprender.

Ata o de agora persoalmente soamente consultaba no buscador de google, firefox ou chrome aquela información que me resultaba precisa como complemento a noticias vistas na televisión, na prensa, no facebook, whatsup ou por medio das conversas co circulo de amizades. Dende o comezo do curso de especialización de orientación laboral fun engadindo novas fontes de consulta que inevitablemente van ampliando e modificando o meu PLE e finalmente tamén van reforzando e facilitando a tarefa de aprendizaxe.

2.- FACER/REFLEXIONAR:  En base a información absorbida e tras a correspondente reflexión da mesma dámoslle sentido e fusionamos o aprendido no apartado anterior xerando a nosa propia opinión por medio do uso de diferentes ferramentas e espacios (aplicacións de escritorio, block de notas, ferramentas dixitais, etc.)

Cada individuo emprega as ferramentas que máis cómodas lle resultan ou aquelas das que dispón para traballar. No meu caso, o empregado ata o de agora sempre foi o word ou o excel ou cadernos de notas comúns. Recoñezo que neste últimos meses estou introducindo no meu entorno persoal ferramentas como o drive, o blog, o dropbox que me permiten almacenar información e axudanme a xestionala con máis facilidade polo que neste punto tamén estou experimentando cambios de maneira inconsciente e por suposto positiva.

3.- COMPARTIR: Tras a reflexión persoal elaborada dende o noso punto de vista, sempre é necesario  intercambiar e compartir ese aprendizaxe co resto do entorno non soamente coa finalidade de transmitir senon tamén de completar ese punto de vista individual.

Para compartir é preciso empregar vías de comunicación máis extensas cos contactos persoais (foros, xornadas, charlas, eventos profesionais, contactos persoais, etc). Debemos avanzar coa tecnoloxía e compartir o noso aprendizaxe no entorno, incorporar a web 2.0 o noso PLE é necesario e permítenos obter información en maior cantidade e con mellor calidade.

O meu PLE neste apartado veuse mellorado profundamente. Ata o mes de xuño soamente empregaba o facebook e o correo de gmail como vía de comunicación pero a raíz das sesión de competencias dixitais introducín no meu PLE ferramentas como o twitter, blogger, linkedin, google+, drive, e máis recentemente about.me que me serven como medio de intercomunicación e tamén como ferramenta de traballo persoal.

Sen dúbida o meu entorno de aprendizaxe sufreu unha muda considerable e presinto que ese cambio non vai a frenar debido ao avance tecnolóxico e a realización de accións formativas relacionadas co mesmo.

Imaxe do meu PLE


FEEDLY

Unha das ferramentas introducidas neste módulo foi o FEEDLY que nos serve para ter acceso directo a todas as fontes e contidos do noso interese por medio da tecnoloxía RSS (Really Simple Syndication= formato para compartir contido na web).

É unha ferramenta descoñecida para min e que xa estou usando e incorporando ao meu PLE xa que me permite aforrar tempo na consulta das páxinas habituais que tiña recollidas no histórico do meu ordenador e facilitame a consulta de maneira directa sen ter que entrar en cada unha das páxinas a consultar.

Imaxe do espazo en FEEDLY:

domingo, 20 de septiembre de 2015

Reflexion do meu PLE (Macarena Ferreiro Prado)

Reflexión sobre o Entorno Persoal de Aprendizaxe (PLE)

Entorno Persoal de Aprendizaxe (en inglés: Personal Learning Environment). No PLE de cada persoa, intégranse as experiencias que configuraron as súas aprendizaxes na educación formal e as novas experiencias facilitadas polas tecnoloxías da información.

O PLE ten tres compoñentes principais:
  • Ferramentas, mecanismos e actividades para ler: as fontes documentais de información, os sitios e os mecanismos mediante os que as persoas se informan de forma habitual ou excepcional en diversos formatos.

  • Ferramientas, mecanismos e actividades para facer/reflexionar facendo: intégranse as ferramientas e espacios nos que se utiliza a información conseguida; son os sitios nos que se da sentido e reconstruese o coñecemento a partir da reflexión sobre esta información. É nestos sitios onde se re-elabora e publica a información acadada.

  • Ferramientas, mecanismos e actividades para compartir e reflexionar na comunidade: a PLN (Red Persoal de Aprendizaje). Non só se fabla duha PLE individual, formado por “mi” e “mis cosas” para aprender, senno que inclúese “mi” entorno social para aprender (Red Persoal de Aprendizaxe ou PLN polas súas siglas en inglés), coas súas fontes de informacióney relacións como parte fundamental deste entorno. No PLE intégranse as PLN, que son as ferramientas, os procesos mentais e as actividades que permiten compartir, reflexionar, discutir e reconstruir con outros coñecementos – e dúbida – así como as actitudes que propician e nutren este intercambio.


      O PLE é o entorno no que aprendemos usando eficientemente as tecnologías; en resumo, definir, coñecer, manexar e enriquecer o PLE supón unha estratexia para aprender eficientemente.

      Actualmente FEEDLY, SCOOP.IT Y DIIGO están comenzando a formar parte do meu PLE, e por iso ainda non podo destacar si son relevantes para o meu PLE ou non.
      Para rematar deixo as miñas primeiras entradas na ferramenta Feedly. 

      sábado, 19 de septiembre de 2015

      O meu Entorno Persoal de Aprendizaxe (Ángela González Giráldez)

      ¿QUÉ É UN PLE?


      O PLE (entorno persoal de aprendizaxe) fundaméntase no conectivismo (unha teoría de aprendizaxe) e está composto polas relacións que xeramos con profesionais do noso ámbito dos cales aprendemos mediante as súas “mensaxes” e do contido publicado por eles na web.  Estas conexións que establecemos poden modificarse en función dos nosos intereses, dando lugar a un PLE flexible.

      Neste entorno son tan importantes as persoas como as ferramentas que nos permiten interactuar con elas. Entre estas ferramentas destacamos:
      - Ferramentas de lectura de fontes.
      - Ferramentas e mecanismos de reflexión, síntese e organización.
      - Ferramentas e estratexias de relación.

      O MEU PLE


      O meu entorno persoal de aprendizaxe está a expandirse dende que comecei este curso de posgrado, así é que ferramentas como o Blogger, Feedly, Twitter non aparecerían tres meses atrás. Isto demostra o carácter flexible do PLE, o cal posiblemente terei que ampliar a medida que avanza o curso.

      OUTRAS FERRAMENTAS

      Neste módulo do Marco Persoal descubrín ferramentas moi útiles para seleccionar e filtrar contido da web 2.0., as cales serviránme no meu desempeño laboral diario e tamén, por qué non, a nivel persoal.

      Feedly: Ferramenta RSS que nos permite “curar” contido do noso interese, isto é organizar información e clasificala
      Scoop.it: ferramenta de curación de contidos que permite agregar publicacións web referentes a un tema do noso interese, e esta información poderemos compartila con quenes queramos.
      Diigo: almacenamos e organizamos enlaces a páxinas web do noso interese.

      O MEU FEEDLY



      Para min Feedly supón todo un descubrimento pola utilidade que ten. É unha ferramenta que se pode explotar tanto a nivel profesional como persoal. Dende logo, a nivel profesional xa o estou a utilizar e a compartir coas miñas compañeiras de traballo.

      viernes, 18 de septiembre de 2015

      Entorno Persoal de Aprendizaxe, Alexandre Penas


      O Entorno Persoal de Aprendizaxe (coñecido por PLE, acrónimo de Personal Learnig Environment) defínese como “o conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que cada persoa utiliza de forma asidua para aprender” (Fonte:  Wikipedia citando a Linda Castañeda e Jordi Adell)

      As fontes principais que configuran o PLE son:
      •  Ferramentas e fontes que nos permiten acceder a información do noso interese 
      • Ferramentas, mecanismos e estratexias cos que reconstruír e dar sentido ao coñecemento a partir da reflexión, reelaborando e publicando a información “curada”  
      • Ferramentas que enriquecen e promoven as nosas relacións de aprendizaxe. Contextualizado co aprendido sobre a evidente realidade da WEB 2.0 (participación e relación moi activa por parte dos usuarios) vemos como cada día enriquecemos a nosa relación profesional e persoal cunha serie de ferramentas. Todo este entorno organizado conscientemente forma parte do noso propio PLE, fortalecendo as nosas relacións persoais e profesionais (o coñecido como PLN, tamén un acrónimo en inglés, do que traducido a galego será a nosa Rede Persoal de Aprendizaxe)

       Non me resisto a compartir o vídeo de I. Assimov onde, en 1988, falaba das posibilidades de internet:






      O meu PLE

      Escribir, esquematizar, para reflexionar é unha técnica que utilizo habitualmente, e non deixa de sorprender. O pasado sábado cando se nos propuxo debuxar o noso PLE esa foi a sensación que me quedou, de sorpresa, ante a cantidade de ferramentas e técnicas que uso. Sumeille algunhas das aprendidas (como Diigo, Pinterest e Feedly). 

      Algunhas tíñaas mais identificadas co laboral, co profesional, algo que ao visualizalo desminto. Todas son utilizadas dependendo do contexto relacional, e o que teñen en común é que me serven de Aprendizaxe en diferentes ámbitos.

      O me PLE


      Utilización de ferramentas e técnicas do noso PLE

      Na sesión presencial do Posgrao de Especialista en Orientación Laboral do pasado sábado día 12 de setembro aprendimos o termo Infoxicación, a intoxicación por exceso de información, e traballamos unha serie de ferramentas para sacarlle un mellor partido ao noso PLE. 

      A utilización eficaz dos buscadores, a xestión dos RSS (con ferramentas como Feedly), a autoorganización da información na “nube”(con Diigo) e o traballo colaborativo en rede (con Scoop.it), aínda que esta última aínda vou ter que investigala con calma polo que, polo de agora, non a incluín no meu PLE. En definitiva aprendimos a utilización de ferramentas e técnicas para filtrar, agregar e curar información


      Imaxe do meu Feedly

      En canto a Feedly, creo que é unha ferramenta útil, pero que no futuro serao moito máis, xa que si me atopei con moitas páxinas do meu interese, de entidades e institucións públicas, que non puiden agregar. Paz e ciencia!