lunes, 21 de septiembre de 2015

ENTORNO PERSOAL DE APRENDIZAXE (P.L.E.)
LOLA CASAIS ATAN


¿QUÉ É UN P.L.E.?....¿PARA QUÉ NOS SERVE?

O P.L.E. enténdese como "o conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que cada persoa utiliza de maneira asidua para aprender". Definición moi acertada e baseada na opinión de Linda Castañeda e Jordi Adell. Na súa definición do "Personal Learning Environment" vai implícita a finalidade do mesmo, é unha ferramenta que nos permite controlar e xestionar o noso propio aprendizaxe.

Cada un de nós constitúe un "ecosistema" co que convivimos a diario apenas sen darnos conta. Cada mañá ou momento puntual  traballamos os tres compoñentes claves que determinan o noso entorno de aprendizaxe:

1.- LEER:  Buscamos información do noso interese consultando tanto documentos escritos (prensa, boletins, escritos, etc.) como outras ferramentas virtuais (blogs, RSS, redes sociais, etc.) que nos permiten recompilar información e datos sobre os temas dos que queremos aprender.

Ata o de agora persoalmente soamente consultaba no buscador de google, firefox ou chrome aquela información que me resultaba precisa como complemento a noticias vistas na televisión, na prensa, no facebook, whatsup ou por medio das conversas co circulo de amizades. Dende o comezo do curso de especialización de orientación laboral fun engadindo novas fontes de consulta que inevitablemente van ampliando e modificando o meu PLE e finalmente tamén van reforzando e facilitando a tarefa de aprendizaxe.

2.- FACER/REFLEXIONAR:  En base a información absorbida e tras a correspondente reflexión da mesma dámoslle sentido e fusionamos o aprendido no apartado anterior xerando a nosa propia opinión por medio do uso de diferentes ferramentas e espacios (aplicacións de escritorio, block de notas, ferramentas dixitais, etc.)

Cada individuo emprega as ferramentas que máis cómodas lle resultan ou aquelas das que dispón para traballar. No meu caso, o empregado ata o de agora sempre foi o word ou o excel ou cadernos de notas comúns. Recoñezo que neste últimos meses estou introducindo no meu entorno persoal ferramentas como o drive, o blog, o dropbox que me permiten almacenar información e axudanme a xestionala con máis facilidade polo que neste punto tamén estou experimentando cambios de maneira inconsciente e por suposto positiva.

3.- COMPARTIR: Tras a reflexión persoal elaborada dende o noso punto de vista, sempre é necesario  intercambiar e compartir ese aprendizaxe co resto do entorno non soamente coa finalidade de transmitir senon tamén de completar ese punto de vista individual.

Para compartir é preciso empregar vías de comunicación máis extensas cos contactos persoais (foros, xornadas, charlas, eventos profesionais, contactos persoais, etc). Debemos avanzar coa tecnoloxía e compartir o noso aprendizaxe no entorno, incorporar a web 2.0 o noso PLE é necesario e permítenos obter información en maior cantidade e con mellor calidade.

O meu PLE neste apartado veuse mellorado profundamente. Ata o mes de xuño soamente empregaba o facebook e o correo de gmail como vía de comunicación pero a raíz das sesión de competencias dixitais introducín no meu PLE ferramentas como o twitter, blogger, linkedin, google+, drive, e máis recentemente about.me que me serven como medio de intercomunicación e tamén como ferramenta de traballo persoal.

Sen dúbida o meu entorno de aprendizaxe sufreu unha muda considerable e presinto que ese cambio non vai a frenar debido ao avance tecnolóxico e a realización de accións formativas relacionadas co mesmo.

Imaxe do meu PLE


FEEDLY

Unha das ferramentas introducidas neste módulo foi o FEEDLY que nos serve para ter acceso directo a todas as fontes e contidos do noso interese por medio da tecnoloxía RSS (Really Simple Syndication= formato para compartir contido na web).

É unha ferramenta descoñecida para min e que xa estou usando e incorporando ao meu PLE xa que me permite aforrar tempo na consulta das páxinas habituais que tiña recollidas no histórico do meu ordenador e facilitame a consulta de maneira directa sen ter que entrar en cada unha das páxinas a consultar.

Imaxe do espazo en FEEDLY:

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada