sábado, 19 de septiembre de 2015

O meu Entorno Persoal de Aprendizaxe (Ángela González Giráldez)

¿QUÉ É UN PLE?


O PLE (entorno persoal de aprendizaxe) fundaméntase no conectivismo (unha teoría de aprendizaxe) e está composto polas relacións que xeramos con profesionais do noso ámbito dos cales aprendemos mediante as súas “mensaxes” e do contido publicado por eles na web.  Estas conexións que establecemos poden modificarse en función dos nosos intereses, dando lugar a un PLE flexible.

Neste entorno son tan importantes as persoas como as ferramentas que nos permiten interactuar con elas. Entre estas ferramentas destacamos:
- Ferramentas de lectura de fontes.
- Ferramentas e mecanismos de reflexión, síntese e organización.
- Ferramentas e estratexias de relación.

O MEU PLE


O meu entorno persoal de aprendizaxe está a expandirse dende que comecei este curso de posgrado, así é que ferramentas como o Blogger, Feedly, Twitter non aparecerían tres meses atrás. Isto demostra o carácter flexible do PLE, o cal posiblemente terei que ampliar a medida que avanza o curso.

OUTRAS FERRAMENTAS

Neste módulo do Marco Persoal descubrín ferramentas moi útiles para seleccionar e filtrar contido da web 2.0., as cales serviránme no meu desempeño laboral diario e tamén, por qué non, a nivel persoal.

Feedly: Ferramenta RSS que nos permite “curar” contido do noso interese, isto é organizar información e clasificala
Scoop.it: ferramenta de curación de contidos que permite agregar publicacións web referentes a un tema do noso interese, e esta información poderemos compartila con quenes queramos.
Diigo: almacenamos e organizamos enlaces a páxinas web do noso interese.

O MEU FEEDLY



Para min Feedly supón todo un descubrimento pola utilidade que ten. É unha ferramenta que se pode explotar tanto a nivel profesional como persoal. Dende logo, a nivel profesional xa o estou a utilizar e a compartir coas miñas compañeiras de traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada