viernes, 9 de octubre de 2015

ANALISE DA ORIENTACIÓN LABORAL . Marta Crespo


Teño que dar as gracias aos compañeiros e compañeiras de Orientación.Siete  por deixarme publicar no seu blog.

ANÁLISE  DA ORIENTACIÓN  LABORAL .


A Orientación Laboral é unha ferramenta  da Psicoloxía que é cada vez máis necesaria conforme as economías se foron globalizando e o desemprego foi aumentando.


Mediante a Orientación Laboral faise ver á persoa de cales son as súas fortalezas e as súas debilidades e que é o que necesita para chegar a onde quere.
Nalgúns casos trátase de dar un xiro completo e cambiar de profesión ,noutros reorientar a súa actividade ou ben reafirmar o camiño e renovarse mediante un curso.Debido ás condicións do mercado é cada vez máis frecuente o cambio de rumbo.


Un taller de Orientación Laboral ten como finalidade detectar as Habilidades da persoa tanto as ocultas como as visibles ,nas sesións de Orientación evalúase a personalidade, as aptitudes, os intereses vocacionais e a historia da vida do usuario no ámbito escolar, familiar e persoal.


orientacion_laboral.jpg


QUE É PARA MIN A ORIENTACIÓN LABORAL


A Orientación Laboral  consiste en axudar as persoas desempregadas a conseguir un posto de traballo.


Esto consiguese dando ós usuarios Asesoramento, Información e Entrenamento de diferentes  Habilidades que faciliten a sua inserción profesional.

A Orientación persigue incrementar a empleabilidade dunha persoa formándoa nas técnicas de búsqueda de emprego como a elaboración do seu Curriculum Vitae, a preparación da Entrevista de traballo ou a búsqueda de ofertas de emprego,facilitarlle páxinas web de emprego,direccións de Empresas de Traballo Temporal….así como desenrolar ou traballar aqueles aspectos persoais para que lle axuden á consecución dos seus obxectivos como o Autoconocimiento e o aumento da Autoestima,chegar a definir o seu Perfil Profesional así como lograr a Motivación hacia unha búsqueda activa e permamente de emprego.



curriculum-eficaz.jpg



Dentro da Orientación Laboral cabe destacar o papel fundamental que xogan os Itinerarios Personalizados de Inserción Laboral. (IPI)


Un Itinerario é un proceso que consta de diferentes accións: Seguemento, Acompañamento, Orientación e Formación; o obxectivo  do Itinerario é diagnosticar a situación laboral  e formativa do demandante de emprego e dirixir as súas accións hacia a mellora de esa situación para facilitar  a súa incorporación no Mercado Laboral.




A realización dun Itinerario Personalizado de Inserción Laboral ofrece ao usuario a posibilidade de recibir un Apoio e Asesoramento personalizado en Centros Colaboradores e Oficinas de Emprego ao tempo que se facilita o acceso ao resto de servizos que se poden ofrecer dende o SPEG (formación, participación en programas de emprego e formación,Programas Experimentais….).

É penso que o Servizo de Orientación Laboral é un servizo moi útil e importante que axuda òs demandantes para mellorar a súa situación cara o mercado laboral ao tempo que traballa as súas habilidades e a motivación para que non decaia o seu ánimo na búsqueda de emprego.



Para saber máis:



















No hay comentarios:

Publicar un comentario