viernes, 30 de octubre de 2015

O MARCO INSTRUMENTAL DA ORIENTACIÓN LABORAL por Alexandre Penas

Introdución valorativa
 
Nos últimos meses estivemos a profundizar no Marco Instrumental da Orientación Laboral como terceira e ultima parte do Posgrao de Especialización en Orientación Laboral. Previamente tiñamos estudado nunha primeira parte o Marco Conceptual e nunha segunda o Marco Persoal.
 
O contido académico da parte que nos ocupa impartiuse mediante 5 temas adicados a técnicas, programas, tarefas, etc. propias da orientación laboral cara a axuda na búsqueda de emprego e un tema, aínda que amplo e, para os que carecemos de formación específica, máis árido, sobre a elaboración dun Plan de Empresa. Todos eles foron expostos por Teresa Deus, os primeiros, e Fernando Agulló, o relativo ás empresas, en diversas sesións e traballados a través de diferentes dinámicas e tarefas grupais.
 
É tan amplo e profundo o tema que daría para facer un Posgrao só deste módulo como, na miña opinión, do módulo dous. No meu caso tratábase da parte na que mais coñecemento previo acreditaba, agás da parte empresarial, e resultoume de suma utilidade a concentración de todo este saber, o xeito de ilo combinando e sobre todo actualizando. Con respecto a esto último apreciei a sutilidade da introdución en técnicas e coñecementos “clásicos” dos coñecementos referidos a todo o mundo da web2.0, sen forzar a máquina e utilizándoos con normalidade e sentido común. Agora si podo dicir que o meu escepticismo con respecto ao peso que a web2.0 tiña no Posgrao, está en franca retirada.

A materia impartida
 
No Tema 11 Intermediación Laboral tratamos os modelos principais de intervención na orientación laboral (didáctico, asesoramento, centrado nos recursos), os principios que rexen as nosas intervencións (individualización, flexibilidade e desenvolvemento da autonomía) e diferentes accións que conlevan as intervencións. Asemade contextualizouse adecuadamente coas tendencias actuais da orientación laboral na UE. 

Unha destas tendencias é a potenciación dos servizos de orientación no ámbito comunitario e social, destinado a colectivos específicos, do que versou o resto do tema centrándose no colectivo de persoas con diversidade funcional como eixo. Destacar nestes servizos específicos:
  • A dificultade de inserción laboral das persoas con diversidade funcional
  • Necesidade de incidir tanto na motivación da persoa como na sensibilización do entorno
  • É clave detectar as necesidades especiais formativas e laborais
  • Hai que planificar as liñas de actuación nas políticas activas de emprego

No Tema 12 Itinerarios de Inserción comezamos tamén por asumir os grandes cambios ao que, de xeito convulso, foi sometido o mercado laboral español e a necesidade de adaptar as técnicas profesionais a este cambio de “reglas do xogo”. Así, e preciso asumir os itinerarios (de inclusión, de formación, de reinvención profesional) como algo común para toda a poboación activa e non específico de certos colectivos con especiais dificultades. Neste camiño faise referencia á necesidade do traballo en rede, indo mais aló dos recursos propios que podamos promover dende o noso servizo de orientación, ademais de promover a creación de espazos de intercambio e de reflexión  que permitan a revisión e mellora continua dos procesos.

No desenvolvemento da intervención debemos indagar en diferentes áreas:
  • Planificación: definición dos obxectivos profesionais
  • Motivación: crenzas, expectativas, actitudes, etc.
  • Información: que coñece o demandante
  • Habilidades: e as súa efectividade
Toda esta información debe ser devolta á persoa cara promover o seu protagonismo total e consciente na toma de decisións, xa que un obxectivo prioritario de calquera itinerario é potenciar a autonomía.
 
O Tema 13 Procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións, organizouse en dous bloques diferenciados: A Entrevista e A Orientación Laboral na UE.

Sobre a entrevista vimos os algúns dos modelos, partes nas que a podemos dividir, reglas básicas de comunicación, vinculando teoricamente o aprendido no Modulo 2 de competencias comunicativas, etc. Destacar aquí a parte específica asignada á entrevista de orientación laboral desenvolta, segundo se indica, a partir da Guía para a orientación de colectivos vulnerables. Paréceme moi completa, citando o currículo oculto, a importancia do diagnostico inicial e, asemade, a importancia de non establecer perfís inequívocos das persoas, isto é a importancia da flexibilidade no diagnóstico e nas accións programadas.
 

No Tema 14 Análise de perfís profesionais e prospección de emprego vemos nunha primeira parte o importante que é para o profesional da orientación laboral o exhaustivo e actualizado coñecemento das diferentes postos de traballo para guiar correctamente ás persoas usuarias. Non se trata simplemente dunha listaxe de recursos web ou guías, senón de ter a capacidade de contextualizalo no noso territorio de referencia e de comprender o que hai detrás de cada capacidade, competencia, actitude e aptitude requiridas polo mercado. 

Con respecto á prospección empresarial paréceme interesante, por clarificador a hora de abordalo profesionalmente, a reflexión inicial onde diferencia a prospección de empresas orientada ao coñecemento e descrición da oferta, é dicir dos postos de traballo que conforman a estructura empresarial, con aquela orientada á demanda de emprego, é dicir ao coñecemento e descrición dos perfís profesionais de determinados colectivos encamiñado especificamente á súa inclusión laboral e social.

Continuamos profundizando nas diferentes fases, instrumentos, fontes de información, etc. utilizados na prospección. Un traballo metódico e flexible no que  a reflexión previa é fundamental de cara unha planificación acaída que nos permite maximizar a información acadada.

Persoalmente creo que un traballo ben feito neste eido reporta moitísimos beneficios para todas as partes. Un traballo feito con profesionalidade, continuo no tempo (esto é clave e por desgracia pouco habitual xa que a estrutura deste tipo de proxectos está encorsetada en convocatorias temporais para o seu financiamento e pensadas cara a súa xustificación cuantitativa a curto prazo) permítenenos crear sinerxías económicas competitivas e socialmente avanzadas. O perigo apuntouse acertadamente na sesión presencial correspondente: queimar espectativas.
 
O Tema 15 Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e autoemprego trata, como se indica, de multitude de técnicas e ferramentas. Existe tal variedade e dentro de cada unha tanta variedade tamén que como se destaca no tema o importante é que a persoa demandante os recoñeza e acade habilidades para elixir e adaptar ao momento as mais acaídas de cara acadar os obxectivos propostos. Falamos dos diferentes modelos de currículos, de cartas de presentación, de agradecemento, de seguimento, de probas de selección, etc.

Neste tema concreto é onde coido mellor apreciamos a introdución de xeito adecuado do aprendido sobre web2.0 en relación coa Orientación Laboral. Asemade enfocase de xeito xeral de forma compatible con aquelas persoas sen competencias informáticas, aínda que profesionalmente, como vimos, sexan unha ferramentas perfectamente adaptables cara acadar éxitos profesionais en calquera eido.

Este tema completouse cunha sesión específica adicada á Dinámicas Grupais e outra referida aos recursos para o autoemprego na que escoitamos a diferentes persoas referentes.
 
Por último o Tema 16 A Elaboración do Plan de Empresa profundizamos, nunha primeira parte, na necesidade do estudo do mercado xa tocado no Modulo 1, nas variables da mercadotecnia, nas diferentes estratexias na búsqueda de éxito do noso proxecto (principalmente liderado de custos, diferenciación e especialización, aínda que como se indicou hai moitas mais). 

Nunha segunda parte centramos na práctica da elaboración do Plan de Empresa.

Para saber mais:

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada