jueves, 22 de octubre de 2015

O PROCESO DE ORIENTACIÓN LABORAL: DINÁMICAS GRUPAIS. (Mª Teresa Deus Trasobares na sesión do venres 09/10/2015)


Nesta sesión falamos das dinámicas grupais, do concepto en sí, das máis empregadas en orientación profundizando un pouco en cada unha e analizando o impacto que producen nos procesos de selección e a información que das nosas conductas poden sacar os reclutadores.

Precisamos coñecer as dinámicas grupais e para elo prantexámonos….

Qué son?

De maneira resumida son técnicas de discusión verbal nas que se debaten sobre un tema en grupo, cun tempo limitado (30-45minutos), nun ambiente axeitado (harmonía) e tendo en conta que non existe unha solución final para o debate.
Tendo claro isto anterior, fomonos introducindo en algunha das dinámicas máis empregadas e coñecendo a sùas caracteríticas por medio de vídeos explicativos e do contido da sesión:

1.- Foro
Permite a discusión e participación de maneira libre e informal aportando a oportunidade de coñecer as opinións do resto do grupo. Participa un coordinador e os expositores.

2.- Mesa redonda
Emprégase para coñecer o punto de vista das diferentes persoas sobre un mesmo tema. Interveñen dúas figuras: o coordinador e os expositores.

3.- Debate
É unha discusión entre dúas ou máis persoas onde se expón as diferentes opinións sobre un mesmo tema. Nesta dinámica hai varias figuras: o coordinador , un secretario, os participantes e un moderador representante para cada grupo que fai a función de coordinador
Debate dirixido

4.- Panel
Non hai un debate. Dinámica que se fai cun número de entre catro e seis persoas onde cada un presenta o seu punto de vista completando o exposto polos demais sobre un tema específico. Participan na dinámica o coordinador e os membros do panel.

5.- Tormenta de ideas
Un grupo de persoas actúa nun clima informal con total liberdade de expresión co obxectivo de que xurda unha idea de entre todas as exposicións. O tema é preparado con anterioridade a dinámica e analizase o resultado para poder chegar a unha conclusión final.

 


Tamén tomamos contacto coa dinámica "elevator pitch" que vemos explicada no seguinte vídeo de maneira clara e sinxela:


 


Existen, evidentemente, moitas máis. Podes ver algunhas que o profesor Juan Kaneko ten a nosa disposición na web para uso da comunidade virtual, enfocadas especificamente á selección de persoal, nesta presentación.

Dinámicas grupais nos procesos de selección
Para todos nós é coñecido o concepto de dinámica grupal sen embargo cando o vemos aplicado a unha entrevista de persoal xurden os temores ou dúbidas por ser algo descoñecido. Nos procesos de selección de persoal é común introducir algunha dinámica para poder valorar a interactuación dos candidatos entre sí e a capacidade de chegar a un acordo observando durante o desenrolo da actividade cualidades (persuasión, negociación, autonomía, seguridade, habilidades de comunicación, liderazgo, iniciativa, toma de decisións) e actitudes (sorriso, respecto, reflexión) que presentan os candidatos para tomar a decisión final de contratación.

Todas as dinámicas expostas teñen en común a participación de varias persoas nun debate sobre un mesmo tema o que nos permite coñecer os diferentes comportamentos dos candidatos. Con normalidade os seleccionadores prestan atención os seguintes aspectos:
  • Participación na dinámica. Capacidade de relacionarse e comunicarse.
  • A posición dos candidatos con respecto o resto (liderazgo, colaborador ou pasivo).
  • Cómo se venden a sí mesmos e as súas ideas. Tipo de ideas aportadas.
  • Reacción do resto do grupo con respecto o candidato en cuestión.
En resumidas, non existe unha pauta ou un consello para facer ben unha dinámica, de feito resulta case imposible saber o que está buscando a entidade contratante polo que o mellor que podemos facer ante esta proba de selección é ser naturais tomando en conta recomendacións como: falar alto e claro, asumir o papel de moderador e introducir o resto dos participantes na discusión, respectuoso cos turnos, mostrar autoestima, ser educado e puntual, non ser agresivo nin obstinado coas ideas propias, é dicir, mantener a compostura acorde co espazo no que estamos interactuando.

Obradoiros grupais nos procesos de orientación
Continuamos agora a través dos “obradoiros grupais cos nosos orientados”, tratando os seguintes temas:
  •     Motivación
  •     Autoestima
  •     Selección de persoal
  •     Currículo e Marca Persoal
  •     Ferramentas para a procura de Emprego
  •     Igualdade
  •     Mobilidade
  •     Autoemprego e Emprendemento
Hai que ter en conta que a primeira impresión é moi importante, así como ser visibles nas diferentes ferramentas con soporte 2.0 para mellorar a empregabilidade (páxinas web profesionais, Infografías, bloque profesional, portafolios dixitais,...)

O obxectivo profesional do candidato debe reunir unha serie de características como: ser único, concreto, planificado, apaixonante e alcanzable.

Algunhas das ferramentas a traballar nas dinámicas
O currículo, trátase dunha ferramenta de comunicación escrita que se converte, na maioría dos casos, na primeira toma de contacto coa empresa. É un documento frío, un papel, esquemático que debe conter de forma esquemática a traxectoria profesional e formativa, de tal forma que poña de manifesto a idoneidade do/a candidato/a ao posto. O obxectivo, é conseguir unha entrevista de traballo, e por tanto debe suscitar interese. É unha ferramenta de marqueting persoal.

Dentro das clases de currículo temos entre outros o currículo cronolóxico, o inverso, o funcional, por competencias e o videocurrículo.

Este último recurso demostra as competencias. Deberá ser curto, preciso, concreto, natural e crible. Cómodo de ver e oír: boa luz e son. Boa vocalización. Non é para ler un currículo.


Como exemplos de videocurrículo que poden darnos ideas xeniais para o noso propio destacamos os dous seguintes que descubrimos durante a sesión:





As cartas de presentación, son unha ferramenta fundamental que debe acompañar a todo currículo vitae que presente. Mediante esta carta, o/a usuario/a explica, introduce e "vende" a súa candidatura, de forma que fai máis persoal o mesmo, dándolle unha vida e mostrando un estilo que o propio currículo só non proporciona. Este complemento no caso do videocurrículo que acabamos de ver xa vai integrado porque durante a súa elaboración podes destacar as túas fortalezas.

A entrevista de selección
Case rematando a sesión seguimos coas probas de selección de persoal, e entre outras atopámonos coas seguintes; físicas, grupais, psicométricas e a entrevista.

Nunha entrevista de selección, seguese unha estructura sobre os temas a tratar:
  •     Personalidade
  •     Formación
  •     Experiencia Laboral e a Empresa
As preguntas máis frecuentes nunha entrevista se detallan a continuación:
  •     Sobre personalidade. Como te describirías? Dime as túas fortalezas e debilidades.
  •     Sobre a túa formación. Por que estudaches isto? Cres que tes a suficiente formación para este posto?
  •     Experiencia Laboral e a Empresa. Non tes experiencia, pero tes competencias. Que sabes da empresa? Por que cres que deberíamos escollerte a ti?
Como anécdota do día analizamos uns vídeos onde se puido apreciar as malas e boas prácticas para afrontar unha entrevista de traballo nos que puidemos apreciar os erros máis comúns de maneira global.
 
Conclusións

En resumo, as dinámicas grupais, trátanse de xogos, debates ou situacións simuladas nos que han de interactuar varios candidatos, namentras o equipo de seleccionadores toma nota dos comportamentos e actitudes do que vai xurdindo. O habitual é que a dinámica de grupo se combine con outras probas, como tests ou entrevistas persoais. A vantaxe desta técnica e que nos permite descubrir moitas características das persoas porque cando entran en contacto cun grupo podemos ver o seu traballo en equipo, a cooperación, o nivel de escoita, a creatividade, o liderado....

E como conclusión, dicir que a dinámica grupal non é unha proba a superar, senon unha maneira maís de avaliar a personalidade e as capacidades de alguén.

Enlaces de interese:
  •     Proxecto Agrega. Repositorio de contido educativo, permite consultar e descargar material educativo mediante a filosofía de compartir coñecemento.

Tamén podes ver o Storify da sesión feito pola compañeira Villaverde Ferro :

No hay comentarios:

Publicar un comentario