miércoles, 28 de octubre de 2015

REFLEXIÓN DO MÓDULO 3 - MARCO INSTRUMENTAL por Ángela González Girláldez


Xa estamos a piques de rematar o Curso de Posgrado en Orientación Laboral e toca falar do marco instrumental, quizáis o máis importante deste curso, relacionado con todo o proceso da Orientación Laboral.

A Orientación Laboral hoxe en día é un instrumento de gran relevancia mediante o cal o Orientador/a poderá guiar ó Demandante en diferentes momentos: na procura de emprego, na mellora laboral, na elección dun itinerario formativo, etc, todo elo encamiñado a mellorar as súas posibilidades de acceso o mercado laboral.


O proceso da Orientación Laboral poderíase dividir en varias fases ou etapas, destaco as seguintes:
Obtención da información (mediante entrevista): non só obter información curricular senón tamén da contorna persoal/familiar.
Definición do obxectivo profesional: axudaremos ó demandante no seu proceso de autocoñecemento.
Elaboración dun Itinerario de Inserción / ou dun plan de información para autoemprego no caso de atoparnos cun posible emprendedor/a.
Entrevistas individuais de orientación: onde lle daremos ó usuario/a información e recursos.
Sesións grupais de orientación: talleres de emprego.
Prospección e Intermediación laboral (labor que desenvolven especialmente aqueles orientadores ós cales se lles esixe un compromiso de inserción, como é no caso dos Programas Integrados de emprego).
Seguimiento tras a inserción laboral.

Moi importante é que durante este proceso o orientador/a adopte unha actitude flexibe, indiviudalizada e que permita o desenvolvemento da autonomía do suxeito. Tamén deberá dotarse de ferramentas para poder motivar ó demandante na súa procura de emprego, digamos que o orientador/a realizará tamén funcións de coach. Unha boa forma de facelo é mediante obradoiros ou talleres de emprego, a temática da motivación é unha das máis recurridas. Ademáis pódense facer talleres de outras moitas temáticas: para facer un curriculum, para practicar habilidades sociais, para ensinar ferramentas como o uso da Web 2.0 na procura de emprego, ou para  entrenar en procesos de selección practicando entrevistas ou probas psicométricas (particularmente é un dos talleres que máis me gusta realizar e no que procuro que a xente participe ó máximo).



Para finalizar, me gustaría destacar que con respecto a éste módulo instrumental, eu xa partía con bos coñecementos ó inicio do curso, de todas formas sí considero que foi productivo porque adquirín información interesante, coma no tema 13 sobre a situación da Orientación Laboral nos diferentes países da Unión Europea, ou cos temas 15 e 16 nos que puiden profundizar máis no asesoramento a emprendedores.

ENLACES DE UTILIDADE PARA O ORIENTADOR/A

No hay comentarios:

Publicar un comentario