miércoles, 28 de octubre de 2015

REFLEXIÓN INDIVIDUAL DO MÓDULO 3 - MARCO INSTRUMENTAL


A miña reflexión sobre este modulo 3 vai xirar entorno o análise dos instrumentos de traballo do persoal de orientación laboral :
- A Intermediación Laboral
- Itinerarios de Inserción
- Procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións
- Análise de perfís profesionais e prospección de emprego
- Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego
- Plan de empresa

Ao longo do Tema 11 tratáronse os diferentes modelos de intervención en orientación laboral coas súas características propias e diferenciadas, como son o modelo didáctico, o de asesoramento e o centrado nos recursos. Tamen se falou da existencia de diferentes métodos de intervención , pero propuxose un, baseado en catro elementos, tales como a entrevista, un sistema facilitador de inserción, e  unha estratexia centrada nos recursos do usuario e en itinerarios.

Asi mesmo, tamen se trata neste tema das actuacións para mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade e a sua inserción laboral.

A continuación, no Tema 12, analizouse as necesidades dun modelo  de orientación laboral que cubra as necesidades de asesoramento para que a inserción laboral sexa efectiva, co que xurde o concepto de itinerario, que podemos definir como un conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico que ten como obxectivos a inserción laboral e o desenvolvemento  profesional dos usuarios e usuarias que participan no mesmo, que consta de tres  fases diferenciadas (acollida, desenvolvemento e avaliación).



Relacionado cos Procesos individuas de orientación e axudas na toma de decisión, no Tema 13, falouse da necesidade de servizos de orientación e de asesoramiento sobre o mercado de traballo, de boa calidade,  parece fóra de toda dúbida. Os cambios no mercado de traballo son rotundos e aparentemente irreversibles é por iso  que, as necesidades de asesoramiento para o emprego serán maiores porque os cambios de traballo serán máis frecuentes así como os cambios de posto de traballo ou de traxectoria profesional.

En referencia ao Tema 14, incidiuse na análise de perfís profesionais e a prospección de emprego, fundamentalmente en saber indicar aos usuarios como facer unha lista de recursos de información  para poder detectar cal é o nivel de coñecemento e manexo dos mesmos, o que nos leva a poder  definir un determinado perfil profesional. O orientador é o que articula o conxunto de realizacións profesionais que o usuario debe  demostrar nas diversas situacións de traballo propias da súa área ocupacional, unha vez que completou o proceso formativo.

Nestas realizacións o usuario  pon de manifesto a súas competencias, que son capacidades que posibilitan o bo cumprimento dun posto de traballo, que se aquiren mediante a formación e a experiencia laboral, e tamén a partires das experiencias personais que, ao longo da vida, nos fan desenvolver habilidades que se poden apliciar despois no mundo laboral,  para resolver os problemas dun mundo do traballo complexo, cambiante e incerto e a súa capacidade de aprender das novas situación que enfronta.


No Tema 15, comentáronse as técnicas e ferramentas de emprego, que é un proceso polo que as persoas insérense no mundo laboral. Iso implica ter un obxectivo profesional determinado, fundamentalmente estara definido polos factores persoais e profesionais. Toda persoa aspira a inserirse no mercado laboral co fin de poder obter un traballo co que non só se consigan beneficios de tipo económico, senón tamén profesional e persoal.

Definiuse a procura de emprego como o proceso mediante o cal as persoas insérense no mercado laboral. Toda procura de emprego adoita vir determinada por intentar conseguir un obxectivo profesional. Como regra xeral, o obxectivo que teñen todas as persoas é conseguir un traballo no que reciban unha remuneración que sexa acorde co posto a desempeñar e suficiente para cubrir as súas necesidades persoais, no que realice unha función segundo os estudos realizados e que lle aporte novos coñecementos.
As ferramentas máis utilizadas á hora de levar a cabo a procura de emprego adoitan ser a carta de presentación e o currículum vitae, e para acadar unha procura de emprego efectiva é fundamental levar a cabo unha efectiva organización co fin de poder lograr o obxectivo proposto.

Para rematar o modúlo 3, no Tema 16  tratouse sobre a elaboración dun Plan de Empresa. O Plan de Empresa é un documento de gran utilidade para as persoas promotoras, porque no mesmo resúmese todo o concepto do negocio e reflíctense unha serie de informacións e reflexións das persoas promotoras ao longo do proceso de estudo do proxecto empresarial así como a planificación a medio e longo prazo.

O Plan de Empresa debe entenderse como un método de traballo que axuda na planificación da mesma. Analizar as diferentes áreas empresariais por separado, e tomar decisións sobre situacións parciais, para despois considerar todas as hipóteses conjuntamente e deseñar o escenario en que a empresa quérese situar, son premisas indispensables para a creación e, posteriormente, para a supervivencia dunha empresa nunha contorna socioeconómico cambiante.

Entre as utilidades que poden atribuírse a un Plan de Empresa, están as seguintes:
· É unha ferramenta para a presentación externa da empresa.
· Para a procura de todo tipo de recursos, especialmente o financiamento externo.
· Habitualmente, a súa presentación é obligatoria para a solicitude de axudas, subvencións ou créditos.

Ademais de todo isto, o Plan de Empresa unha vez posta en marcha a mesma, vai funcionar como guión, plan estratéxico e meta á que dirixir a actividade. 

Como conclusións, comentar cos modelos de intervención non deben de ser utilizados como marcos ríxidos senón como sistemas alternativos de intervención. Existen diversas técnicas, ferramentas e métodos para a procura de emprego, que no son unicamente simples coñecementos, senón tamén un medio eficiente e eficaz que vai axudar no momento de acadar un traballo que proporcione tanto satisfaccións profesionais como persoais. En referencia o Plan de Empresa, dicir que é un instrumento que vai a ofrecer importantes utilidades tanto para definir a idea de empresa e a posta en marcha da mesma como tamén deseñar o seu funcionamento posterior. Para os orientadores laborais cada vez mais é moi importante o coñecemento e desenvolvemento dun plan de empresa.

Enlaces de interese;


No hay comentarios:

Publicar un comentario