viernes, 30 de octubre de 2015

REFLEXIÓN MÓDULO INSTRUMENTAL

REFLEXIÓN MÓDULO 3: MARCO INSTRUMENTAL DA ORIENTACIÓN LABORAL.

Finalizamos o curso de Postgrado de Especialización en Orientación Laboral e facémolo co  marco instrumental, tal vez o máis práctico para o traballo como orientadores xa que nel centramonos en temas relevantes para o exercicio da orientación cotiá polo menos desde o meu punto reflexivo. Afondamos en temas como:

-A intermediación laboral.
-Os itinerarios de inserción.
-Os procesos individuais de orientación e a axuda na toma de decisións.
-O análise de perfís e prospección de emprego.
-As técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego.
-O desenrolo do plan de empresa.
- E finalmente o análise económico-financiero para ver a viabilidade da idea de negocio.

Comezamos pola intermediación laboral vendo os diferentes modelos posibles: didáctico (aspecto vocacional-reincorporación ao mercado laboral), de asesoramento (itinerario-acompañamento ao longo do tempo-orientador como asesor) e o centrado nos recursos (facilitador-pequenas mentas a curto prazo). Todos os modelos son ferramentas flexibles e deben ser empregados según das persoas ou colectivos os que van dirixidos, a acción planificada e tamén tendo en conta os obxectivos programados. Como orientadores valoraremos con criterio cal se adapta máis segundo os usuarios finais.

Vemos o proceso da orientación en canto a Unión Europea onde destacaría a preocupación en canto os niveis de calidade, ao uso da informática e das novas tecnoloxías por parte dos orientadores profesionais encamiñados a dinamizar o proceso. Centrámonos no modelo de intervención que nos propón 4 elementos básicos: entrevista/sistema facilitador de inserción/estratexía centrada nos recursos do usuario/e baseada en itinerarios individuais.

Deixamos claros os principios sobre os que traballar a orientación destacando: individualización, flexibilidade e desenvolvemento da autonomía. Debemos recoller información de formación, laboral e persoal; valorar a empregabilidade, establecer un perfil e buscar as accións concretas para estimular a persoa indagando na planificación, na motivación, na información e nas habilidades dos usuarios. Tamén se pode reforzar con accións grupais e talleres diversos que produndizaremos máis adiante.

Tratamos tamén os colectivos vulnerables buscando a igualdade e a inclusión social a través do análise dos obstáculos sociais e dificultades propias dos mesmos así como as actuacións enfocadas a mellorar a empregabiliade das persoas con discapacidade perfilando por outra banda as funcións e competencias que como orientadores debemos posúir.

Durante a temática de itinerarios de inserción vemos as características, o esquema na súa elaboración e a metodoloxía empregada sendo as fases principais: o diagnóstico persoalizado, a intervención orientadora e supervisión ou evaluación continúa. Todo isto enfocado a xerar un modelo efectivo de orientación que cubra as necesidades de asesoramento para a inserción laboral final.

Segundo o esquema de base vemos como se desenrola un itinerario dende a acollida, a orientación ofertada, a formación en xeral e no contexto laboral, a intermediación e a ocupación final para posterior peche do proceso.

Durante o proceso o orientador tratará de indagar aspectos relacionados con diferentes áreas que servirán para tomar decisións no desenrolo da intervención tanto na planificación, na motivación, na información como nas habilidades.

Continuamos cos procesos individuais de orientación e coa axuda na toma de decisións e detallamos as entrevistas de orientación en canto a significado e tipoloxía (dirixida-semidirixida-grupal). Valoramos as regras da comunicación verbal e non verbal enfocadas a unha entrevista de traballo e tamén as partes nas que normalmente se divide: dende a presentación, o desenrolo (formación, experiencia, motivación, datos persoais, autovaloración e conclusións) ata o peche da mesma.

Durante a entrevista, a persoa debe poder pensar sobre as necesidades, os desexos e as posibilidades a hora de emprender un cambio no seu perfil. Por isto considero que cada entrevista persoal ou ocupacional é unha actividade de orientación que incita a reflexión e que pode chegar a producir pequenas transformacións nas persoas.

Neste módulo tamén traballamos o traballo do orientador en canto a análise dos perfís profesionais. Resulta necesario coñecer os postos de traballo, os potenciais xeradores de ocupacións, as características de cada ocupación e os perfís competenciais asociados para poder transmitilo os usuarios. Sen embargo non todo o traballo pode ser asumido polo orientador tamén é esencial motivar o usuario para que se informe e configure unha listaxe de recursos (ofertas, certificados de profesionalidade, contactos, gremios, prácticas, etc.) fomentando desta maneira a súa participación e implicación e facendo consciente das súas propias competencias para poder optar a un emprego. En relación a isto anterior valoramos posibles novos perfís profesionais e teño que destacar que me chamou a atención especialmente ocupacións como blogger profesional ou xestor de residuos dixitais…..está claro que temos que adaptarnos o proceso de cambio e manter o perfil como orientadores actualizado constantemente e unha boa maneira é facendo prospección nas empresas para informarse sobre as necesidades dos empresarios e tamén aproveitando para sensibilizalos en canto a responsabilidade social sobre certos colectivos.

Case finalizando o marco instrumental centrámonos nas técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e tamén para o autoemprego. Valoramos os canles para a busca de emprego analizando as vantaxes e inconvintes de cada ferramenta (portais online, gremios, sindicatos, webs, prensa, autocandidatura, networking….)

Entre todas as nomeadas afondamos máis na autocandidatura facendo fincapé en que non debe ser masiva e sempre de maneira coherente co noso perfil. Para detallar a autocandidatura adentramonos na elaboración do currículo e da carta de presentación (últimamente substituida polo correo electrónico) como elementos fundamentais para obter o ansiado éxito.

En canto o currículo centramonos tanto na súa estructura como no seu obxectivo valorando todos os apartados, as modalidades existentes e que deben ser adaptados en función das propias características do individuo sendo sempre fieis a claridade e brevidade así como a presentación e o contido.

Exemplo VIDEOCURRICULUM:



Unha vez chamada a atención do reclutador por medio da carta de presentación e do currículo poderemos acceder a unha entrevista persoal e para elo falamos das características da mesma en canto a número de entrevistadores, o método empregado, o enfoque e o estilo. A maiores da entrevista de traballo tamén afondamos da man de Maite Deus nas dinámicas grupais como complemento para a selección final de candidatos vendo as diferentes modalidades segundo os obxectivos perseguidos. Indagamos tamén en probas e psicotécnicos.

MOSTRA DINÁMICAS GRUPAIS:




 Para finalizar  tanto o módulo como o curso entramos de cheo no autoemprego guiados principalmente por Fernando Agulló quen nos explica o plan de empresa e o valor do análise económico-financieiro como instrumentos fundamentais para establecer a viabilidade da nosa idea de negocio.

Para a elaboración dun plan de empresa temos que pasar por varias fases entre elas, como primeira e esencial, o estudo de mercado. Non abonda con saber producir, tamén temos que valorar os aspectos anexos o negocio como a necesidade do noso producto, os competidores, os proveedores e consumidores finais. Entre outros aspectos debemos saber COMO VENDER e para elo analizaremos a mercadotecnia a través da información primaria e secundaria establecendo as vantaxes e desventaxas de cada opción.
En canto a mercadotecnia valoramos as catro liñas principais de estudo:

Modelo PLAN EMPRESA:



*Producto: Establecer as diferentes liñas, referencias e modalidades para determinar o producto final tanto en amplitude como en profundidade.
*Prezo: segundo as diferentes teorías económica, estructural e psicolóxica podemos establecer un prezo polo producto que outra variables virá fixada pola competencia directa da contorna.
*Distribución: Defínese como as etapas polas que pasa o producto antes de chegar o consumidor. Curta=productor-consumidor; Longa= productor-intermediario-consumidor.
*Comunicación: Tanto externa dando a coñecer o producto co interna facendo que os propios traballadores promocionen aquelo que están vendo facer ao longo do día.

O análise DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades) faise imprescindible para avaliar a situación da nova entidade no mercado e require de especial atención tanto a nivel interno (finanzas, persoal, organización e producto) como a nivel externo (tecnoloxía, competidores, productos substitutivos….).
A segmentación do mercado para establecer a estratexía de venda é outra fase de obrigada parada para poder acadar a previsión final de ventas e poder ao mesmo tempo concluír e reflexionar sobre a viabilidade do negocio. O estudo económico-financieiro do futuro negocio é o que nos vai permitir decidir sobre a finalidade do mesmo. Para elo pasamos por diversas fases que requiren de especial atención en canto a ratios, VAN e TIR, rendementos, fluxos de caixa, tesourería en xeral que nos aportarán información moi útil sobre o éxito ou fracaso da idea de negocio.

Como acabamos de observar son múltiples as fases e complicado o traballo do orientador laboral. Non abonda con dominar e coñecer os procesos de intermediación laboral, os itinerarios ou as ferramentas e técnicas a empregar senon que tamén debemos ampliar os nosos recursos para poder asesorar tanto a empresas por medio da prospección como aos emprendedores que acuden a cotió ao servizo. Faise preciso adquirir coñecementos sobre a elaboración dun plan de empresa e estar informados en canto a posible financiación e a organismo aos que poder remitir aos usuarios para poder exercer a nosa ocupación dunha maneira satisfactoria.

Enlaces de interese:

www.sepe.es 
www.empresasdegalicia.es
http://www.tu-video-curriculum.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario